REGID - Obxectivos
Obxectivos

A REDE GALEGA DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE MEDICAMENTOS (REGID) explota conxuntamente as coleccións de moléculas e as técnicas dos grupos membros, compartindo as súas infraestruturas, as súas capacidades e os seus coñecementos, desenvolvendo unha quimioteca galega común anotada biolóxica e biofarmaceuticamente.

Obxectivos da Rede Galega de Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos:
  • Continuar coa compilación da quimioteca ChembioGal. Predecir por estudos in silico a actividade dos compostos sobre diversas dianas e evaluar experimentalmente os compostos de interese.
  • Seleccionar novas dianas para programas de I+D de fármacos e novas vías celulares para a procura de ferramentas químico-biolóxicas. Apoiar a valorización dos novos programas.
  • Integrar a Rede en redes/programas nacionais e internacionais e favorecer as sinergias entre redes (actualmente a REGID está integrada, a través do grupo BioFarma, en ChemBioBank e na Rede de infraestructuras europeas EU-OPENSCREEN).
  • Difundir as actividades e os resultados da REGID. Organizar conferencias e xornadas por áreas sinérgicas e implantar a Xornada Anual da REGID en Galicia.Continuar a colaboración cos Másteres Interuniversitarios de Neurociencia e Investigación Biomédica e co de Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos.

Organización 
Entidades Financiadoras:
EntidadesFinanciadoras.png